Xinxa

from by Pantis

/

lyrics

Buses cisterna
de leves vértices, como lugares
onde destilar festa
é comer olheiras,
profundas trincheiras
nas que a resistencia de aquí
son os tipos que navegan
cuspindo cravos,
voando postais,
que se fregan
no suor da xanela
pra ver os regueiros sans
de sangue na man,
enferma se sopra
e invade con sal
as obras da vida en turnos
da flora perenne

O pranto chama
as rodeiras nos rostros
a febre etérea
das pegadas nocturnas
as estradas berran
coa dor que secunda
a ferida nas fendas
coa resina recente
das redes furadas
que se escapan a escuras
nas voces mancadas
hai un tremor que desanda
e que ispe todas as ramas

É aquí,
onde as ausencias se dictan
e sempre se murcha,
onde a xinxa crecerá

credits

from PRANTO, released February 24, 2016

tags

tags: pop garage Spain

license

about

Pantis Galicia, Spain

Pantis é un presentimento.

contact / help

Contact Pantis

Streaming and
Download help