1. |
Val
03:55
|
|||
Estou farto de
falar de cidades,
de pensar en cidades,
de viaxar por cidades.
De imaxinar as pegadas
que non se corresponden.
De sentir o asfalto,
un agrio misioneiro
sempre mutilando
todos os esforzos
para conter a melancolía.
Entre coreografías espantadas
construíndo un rueiro
de chamadas diarias,
todas as fases son opacas
da aldea ao extrarradio.
Cantas miradas se dirixen cara ti
en cada capital de provincia?
Cantos coches pasan
mentras pensas en durmir?
Un pasado en cada avenida.
Un frenazo en cada mísera olhada.
A frustración é unha industria creativa.
¡Qué dulce este ocaso!
¡Qué dulce este ocaso!
¡Qué dulce este ocaso!
¡Qué dulce este ocaso!
Nunca nos tocaremos.
|
Streaming and Download help
If you like Pantis, you may also like: