We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Pranto

by Pantis

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Cadê 08:57
Só había paz cando eramos tres pero a el non o ouvimos máis esparcir os pasos polo corredor Vixiou o latexo que fuxe da pel coma o corvo que remexe a terra alimentou todo, destrui todo esperando a primeira voz do amencer Máis só había unha forma de sentir o cheiro a fechado dos avións de fumigar, e en todos os cuartos, caminha con paso etéreo cubríndoo todo, un manto valado Só nos buratos do teito había un capítulo máis que nos puidese atrapar Durmir a destempo, espertos para a espera cubertos dos selos das lagoas que queiran corpos, veleno
2.
Alén 03:40
Non paro de sonhar que enterro as rodas dunha gran noria nos montes arrasados que hai entre ti e min, entre ti e min Mordo con devoción a pel que se perde ao vivir con calma, con calma que o sepia dos dramas de tarde non nos faga sufrir, non nos faga sufrir, Coma o vento que enterra con lume as traxedias, a lingua do futuro será o esperpento
3.
Cosmon 04:56
Os barcos cheos de espera coa sal, a dor, a ferida fresca as vidas de regreso, co olhar perto de aquí, de alá cando a hora chega, as portas xa non fechan sen xuros na manhá nunca vai abrir A brisa que non bate nos rastros que se alonxan as idas reflexadas que se borran con mareos toda a vida baleiros sendo os olhos abertos co pálpito no fondo do océano Sen gravidade fica perto de min en todos os invernos errados no partir de nos para reloxos de mapas da tristeza do balbucir da balea que esqueza o seu ir sen fin
4.
Xinxa 03:35
Buses cisterna de leves vértices, como lugares onde destilar festa é comer olheiras, profundas trincheiras nas que a resistencia de aquí son os tipos que navegan cuspindo cravos, voando postais, que se fregan no suor da xanela pra ver os regueiros sans de sangue na man, enferma se sopra e invade con sal as obras da vida en turnos da flora perenne O pranto chama as rodeiras nos rostros a febre etérea das pegadas nocturnas as estradas berran coa dor que secunda a ferida nas fendas coa resina recente das redes furadas que se escapan a escuras nas voces mancadas hai un tremor que desanda e que ispe todas as ramas É aquí, onde as ausencias se dictan e sempre se murcha, onde a xinxa crecerá
5.
Viaduto 03:55
Cría só en libros pequenos con medo no pulso do grande na porta que peta, peta, peta Como as aves fractais na pista de baile O tetris do banho, e o fume das horas que borra a noite e oculta a saída Que espide as tebras das manchas no peito nas salas baleiras que apertan as feras e os pasos máis lentos O tetris do banho, e o fume das horas que borra a noite e oculta a saída, Ábreme cando asubíe o tipo que afíe todos os coitelos
6.
Balar 05:18
Perdemos a pista no mar que se escapaba no horizonte Cando olhei á beira só había escuma absorvendo todas as escuras estradas que nos silenciaron na noite Vimos os cumios xeados a terra e a xinxa os caminhos que non se debuxan e se perden ao seu paso, os escenario fantasmas nos cruces espidos dos ríos, que caben en pequenos buratos, que mexen as siluetas cansadas Vimos as canteiras de aves durmidas no ceo, os cristais frotados nos beizos, as paredes que se arrastran desenfocando a noite, E paramos despois das tebras apagamos na penumbra o pasado e entre o fume agardamos calqueira choiva que nos fixera recuperar a memoria Na gravidade do tempo borrado mentras se acaba a fala, como xuntaremos os rastros en todos os mapas?
7.
Lea 08:06
Cando chegaches á parte dos diarios de luz esperabas encontrarte cantos cheos de paz Coma unha pausa na ansiedade das perdas diarias, coma un oco entre paredes, coma olhar unha árbore crecer Máis un non sabe quen é ata que se perde E foi na escuridade que non te deixaba ver onde soubeches que o contraluz daquela casa a arder saudaba o efímero no final do amor E foi probable que te estiveses volvendo cego para atravesar calquera deserto que non tivese mareas das mans que peitean a fraxilidade do vento E deixaches todo fechado na última olhada coma un xove paixonario que respira latente no seu corpo afogado.

about

PRANTO é un presentimento.

Todas as cancións compostas e interpretadas por PANTIS.
Coa participación especial de Cibrán Tenreiro na batería.

Producido por PANTIS.
Gravado, mesturado e masterizado por Ibán Pérez no Estudio
Terraforma.
www.terraforma-studio.com

Desenho de PRENOM.

Editado por PRENOM. 2016.

Contacto/contratación: ruben@prenom.gal
facebook.com/ulopantis

credits

released February 24, 2016

license

Some rights reserved. Please refer to individual track pages for license info.

tags

about

Pantis Galicia, Spain

Na sala de espera nunca hai moito que dicir.

contact / help

Contact Pantis

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Pantis, you may also like: