PRANTO

by Pantis

supported by
/
  • Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

     name your price

     

  • Compact Disc (CD)

    Edición en CD de PRANTO, primeiro álbum de Pantis, en carpeta formato 7" con insert e funda protectora de plástico groso. Tirada limitada de 100 copias.

    Includes unlimited streaming of PRANTO via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 5 days
    edition of 100 

     €10 EUR

     

1.
08:57
2.
03:40
3.
04:56
4.
03:35
5.
03:55
6.
05:18
7.
08:06

about

PRANTO é un presentimento

Todas as cancións escritas e interpretadas por PANTIS
Coa participación especial de Cibrán Tenreiro na batería

Producido por PANTIS
Gravado, mesturado e masterizado por Ibán Pérez no Estudio
Terraforma
www.terraforma-studio.com

Desenho de PRENOM

Editado por PRENOM, 2016.
www.prenomlab.com

Contacto: pantis@prenomlab.com
Contratación: hugo@prenomlab.com
facebook.com/ulopantis

credits

released February 24, 2016

tags

license

Some rights reserved. Please refer to individual track pages for license info.

feeds

feeds for this album, this artist

about

Pantis Galicia, Spain

Pantis é un presentimento.

contact / help

Contact Pantis

Streaming and
Download help

Track Name: Cadê
Só había paz cando eramos tres
pero a el non o ouvimos máis
esparcir os pasos polo corredor

Vixiou o latexo que fuxe da pel
coma o corvo que remexe a terra
alimentou todo, destrui todo
esperando a primeira voz do amencer

Máis só había unha forma de sentir
o cheiro a fechado
dos avións de fumigar,
e en todos os cuartos,
caminha con paso etéreo
cubríndoo todo,
un manto valado

Só nos buratos do teito
había un capítulo máis
que nos puidese atrapar

Durmir a destempo,
espertos para a espera
cubertos dos selos
das lagoas que queiran
corpos, veleno
Track Name: Alén
Non paro de sonhar
que enterro as rodas
dunha gran noria
nos montes arrasados
que hai entre ti e min,
entre ti e min

Mordo con devoción
a pel que se perde ao vivir
con calma, con calma
que o sepia dos dramas de tarde
non nos faga sufrir,
non nos faga sufrir,

Coma o vento
que enterra con lume as traxedias,
a lingua do futuro
será o esperpento
Track Name: Cosmon
Os barcos cheos de espera
coa sal, a dor, a ferida fresca
as vidas de regreso, co olhar
perto de aquí, de alá
cando a hora chega,
as portas xa non fechan
sen xuros na manhá
nunca vai abrir

A brisa que non bate
nos rastros que se alonxan
as idas reflexadas
que se borran con mareos
toda a vida baleiros
sendo os olhos abertos
co pálpito no fondo do océano

Sen gravidade
fica perto de min
en todos os invernos
errados no partir
de nos para reloxos
de mapas da tristeza
do balbucir da balea que esqueza
o seu ir sen fin
Track Name: Xinxa
Buses cisterna
de leves vértices, como lugares
onde destilar festa
é comer olheiras,
profundas trincheiras
nas que a resistencia de aquí
son os tipos que navegan
cuspindo cravos,
voando postais,
que se fregan
no suor da xanela
pra ver os regueiros sans
de sangue na man,
enferma se sopra
e invade con sal
as obras da vida en turnos
da flora perenne

O pranto chama
as rodeiras nos rostros
a febre etérea
das pegadas nocturnas
as estradas berran
coa dor que secunda
a ferida nas fendas
coa resina recente
das redes furadas
que se escapan a escuras
nas voces mancadas
hai un tremor que desanda
e que ispe todas as ramas

É aquí,
onde as ausencias se dictan
e sempre se murcha,
onde a xinxa crecerá
Track Name: Viaduto
Cría só en libros pequenos
con medo no pulso
do grande na porta que
peta, peta, peta

Como as aves fractais
na pista de baile

O tetris do banho,
e o fume das horas
que borra a noite
e oculta a saída

Que espide as tebras
das manchas no peito
nas salas baleiras
que apertan as feras
e os pasos máis lentos

O tetris do banho,
e o fume das horas
que borra a noite
e oculta a saída,

Ábreme cando asubíe
o tipo que afíe
todos os coitelos
Track Name: Balar
Perdemos a pista
no mar que se escapaba no horizonte

Cando olhei á beira
só había escuma absorvendo
todas as escuras estradas
que nos silenciaron na noite

Vimos os cumios xeados
a terra e a xinxa
os caminhos que non se debuxan
e se perden ao seu paso,
os escenario fantasmas
nos cruces espidos dos ríos,
que caben en pequenos buratos,
que mexen as siluetas cansadas

Vimos as canteiras de aves
durmidas no ceo,
os cristais frotados nos beizos,
as paredes que se arrastran
desenfocando a noite,

E paramos despois das tebras
apagamos na penumbra o pasado
e entre o fume agardamos
calqueira choiva que nos fixera
recuperar a memoria

Na gravidade do tempo borrado
mentras se acaba a fala,
como xuntaremos os rastros
en todos os mapas?
Track Name: Lea
Cando chegaches á parte
dos diarios de luz
esperabas encontrarte cantos
cheos de paz

Coma unha pausa na ansiedade
das perdas diarias,
coma un oco entre paredes,
coma olhar unha árbore crecer

Máis un non sabe quen é
ata que se perde

E foi na escuridade
que non te deixaba ver
onde soubeches que o contraluz
daquela casa a arder
saudaba o efímero
no final do amor

E foi probable
que te estiveses volvendo cego
para atravesar calquera deserto
que non tivese mareas
das mans que peitean
a fraxilidade do vento

E deixaches todo fechado
na última olhada
coma un xove paixonario
que respira latente
no seu corpo afogado.